Fai escasamente unha semana vos ensinábamos como engadir novas tipografías ao voso Mac da forma máis sinxela que se poda imaxinar, hoxe imos poñer en uso esa nova habilidade adquirida con esta tipografía.
Como sabedes e ben vístedes na infografía Angry Birds está sendo unha revolución absoluto en todas cantas plataformas se presenta, no mercado xa podemos atopar todo tipo de merchandising, dende monecos ata altofalantes , pasando por camisetas e case calquer produto. Practicamente calque aspecto deste xogo é recoñecible en todas partes, así que hoxe vos traemos a tipografía usada nesta saga, para que ti tamén poidas botar man dela.
A fonte é gratuíta e podédela descargar dende o seguinte enlace. Pode que notedes diferenzas, e seguramente existan, pero aínda así cumprirá a súa función á perfección.
Vía: Maquecitos

No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada