martes, 14 de febrero de 2012

VLC 2.0 esta semana con nova interface




VLC é un dos reprodutores de contido multimedia máis coñecido do mundo, é un reprodutor multiplataforma, gratuíto e que continuamente está mellorando e admitindo máis e máis formatos que van saíndo. Tras rumores que falaban da posibilidade de que este non seguise co seu desarrollo para Mac OS, xa fai bastantes meses, hoxe chéganos a noticia a través de diversos medios especializados de que a nova versión do reprodutor, a 2.0, está a piques de chegar, e que o fará seguro esta semana.

Nesta nova versión nós, os usuarios de Mac OS, veremos un gran cambio na interface do programa que se actualiza e se pon ao día absorbendo as novas posibilidades que Lion trouxo ao sistema operativo da mazá. Así a partir de agora cando abrimos o programa o que veremos será a imaxe que acompaña a esta entrada, un cadro moito máis completo a o que se lle engade unha columna, que nos dá a posibilidade de facer listas de reprodución facilmente, cun sistema de arrastrar e soltar para reproducir e a posibilidade de pasar ao modo de pantalla completa, entre outras moitas mellorar que acompañan a esta actualización.

Como vos dicía antes esta actualización chegará ao longo desta semana e estará dispoñible na propia páxina dos desarrolladores de VLC pois, nin a licencia deste programa nin os problemas que VLC para o iPhone tivo axudan a que esta apareza na Mac App Store.

Vía: Applesfera

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada