Moi boas rapaces e rapazas, desta volta vouvos aconsellar probar unha extremadamente sinxela app para os nosos Mac.
Gelatin permite, mediante un simple movemento de arrastre cara a ventá da aplicación, a unión de 2 arquivos pdf diferentes.
Tan simple como iso, pero non por elo menos útil: a combinación da ferramenta deenvolvida por Korion coa opción de “Exportar en formato pdf” de que dispoñen a maioría das aplicacións de ofimática coma Word, OpenOffice, LibreOffice ou o mesmo Pages de Mac, permite crear e combinar rápidamente documentos en formato pdf para a facer envío ou presentación de documentos dun xeito máis formal, por exemplo, para a unión de portada e contido en texto no caso de informes ou traballos formais ou para a combinación e envío de carta de presentación e curriculum (claros casos onde Gelatin estame demostrando a súa capacidade sen nengún problema).
Ainda que existen outras ferramentas no mesmo senso que Gelatin e que poden aportar opción moito máis avanzadas (combinación de máis de 2 arquivos, edición das propias páxinas dos arquivos, etc.), a sinxeleza de Gelatin e o seu escasísimo consumo de recursos do sistema (0,05% CPU e 0,1% de memoria de media, datos obtidos con OS Track) coloca a esta app como unha boa elección para tarefas puntuáis.
Animádevos a probala e a compartir as vosas opinións connosco ;)
Máis información: Gelatin en Mac App Store, web de Korion

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada