viernes, 16 de septiembre de 2011

Altofalantes de Angry Birds para iPhone,iPad e iPod Touch

Parece que todo o mundo está disposto a sacar tallada da revolución que está supoñendo no mundo dos xogos portátiles Angry Birds, unha idea que se nun momento nos facía gracia por ver a estes animais e os seus antagonistas convertidos en fundas e todo canto artiluxio nos podamos imaxinar de un tempo a esta parte semella que xa se está facendo algo un tanto repetitivo e pouco orixinal.



Pero pese a todo isto Gear4 non quere perder a súa oportunidade e para eso ten preparados para nós, posuidores dun iPad/iPhone/iPod Touch nada menos que tres altofalantes diferentes baseados en tres dos animais que aparecen no xogo:

  • Angry Birds Speaker Red Bird: Como o propio nome indica trátase do paxaro vermello , o máis simple dos tres pois só conta cun conector normal miniJack de 3.5 no que poder conectar calquera dos teus dispositivos. Este estaría dispoñible por un prezo de 60€ aproximadamente.
  • Angry Birds Speaker Helmet Pig: O cochiño con casco ofrécenos unha conectividade completa grazas o dock que leva incorporando na parte superior, podendo así cargar o iPhone ou o iPod Touch mentres escoitamos música. O prezo de saída sitúase sobre os 80€.
  • Angry Birds Speaker Black Bird: Por último o máis explosivo de todos, o negro, neste altofalante con dock externo poderemos conectar o noso iPad grazas as súas grandes dimensión que permiten que este se acople perfectamente. O prezo deste rondará os 80€ tamén.
De momento é cedo para facer conclusións pois todavía nos faltan datos técnicos por coñecer, pero parece que a non ser que o son sea realmente bo os prezos vanse situar algo lonxe das expectativas.


Via: AppleWeblog

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada