Se fai escasos días Apple actualizaba o recén estreado sistema operativos hoxe o que lle toca é o seu preciado reproductor de música, e é que fai apenas unhas horas os de Cupertino liberaban a versión 10.4.1 de iTunes na que se solucionan bastantes erros. Como sempre recoméndase a súa instalación, deixovos coa lista de erros que soluciona.
- Resolve un problema que provocaba que as teclas multimedia de algúns teclados de terceiros non funcionaran correctamente con iTunes.
- Resolve problemas ao engadir ilustracións ás cancións e vídeos.
- Resolve un problema que podía provocar que iTunes non respondera cando mercas unha película en alta definición.
- Resolve un problema que provocaba que iTunes tardara en abrirse tras poñer o Mac en repouso.
- Resolve problemas de compatibilidade con VoiceOver.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada