viernes, 18 de mayo de 2012
Copia e pega texto coma un profesional [OS X]
Polo de agora e se aínda non sodes profesionais disto para copiar e pegar texto supoño que usariades as dúas formas máis comúns, ou mediante o botón dereito do rato ou usando cmd+c para copiar e cmd+v para pegar, non si?
Pois resulta que iso dista moito de todo o que podedes facer e escoller para copiar e pegar. Se antes de seleccionar premedes o botón cmd poderedes seleccionar liñas ou palabras por separado, como se mostra na imaxe superior, sendo posible copialas e pegalas mantendo a separación mediante as teclas indicadas ao principio deste artigo.
Se polo contrario mantedes pulado o botón alt e facedes a selección poderedes escoller ringleiras de texto que comezan onde comezaches a selección, algo similar ao que podedes ver sobre estas liñas. Como no caso anterior a selección mantén o estilo ao pegarse.
Dous trucos dos moitos que hai que seguro che axudan a facer o traballo máis doado.
miércoles, 16 de mayo de 2012
O reloloxo máis cool para iOS
O deseño e Apple son cousas que dende a chegada de Jonathan Ive aos cuarteis de Cupertino van da man, é difícil imaxinar un produto de Apple sen un deseño moi traballado e que destaque por riba dos seus rivais, por iso o reloxo que vos traemos hoxe vai ser a aposta definitiva no que ver a hora se refire.
Cun deseño baseado integramente en números este reloxo da casa Biegert & Funk é todo un alarde de deseño simplista. Nun mundo onde os números son a base de todos, das horas e os minutos, este reloxo aposta integramente pola letras como referencia. Como vos podedes imaxinar a súa chegada ao mundo iOS non é casual pois xa conta cunha versión de parede.
Dispoñible na App Store por 0,79€ dispón de unha versión universal para iPad e iPhone/iPod Touch, para que lle podades sacar partido en todos os vosos dispositivos.
Vía: Monkeyzen
Como gardar imaxes da web ou o correo directamente en iOS
Como sempre vos digo iOS pese a tratarse dunha plataforma sumamente sinxela de usar conta con moitos segredos para que os usuarios máis avanzados poidan sacar o máximo partido e potencial do aparello que teñen entre mans. Hoxe imos falar de algo que seguro que algunha vez buscastes no voso dispositivo iOS, sobre todo no iPad, gardar fotos.
Dunha forma moi similar a como o facemos nos nosos Mac para gardar imaxes tan só temos que manter o dedo sobre a imaxe, tanto para gardalas dende a web como para gardalas dende un correo recibido. Mantendo o dedo sobre a imaxe que queremos gardar apareceranos un menú que nos permitirá tanto copiar a imaxe como gardala, como ben podedes ver sobre estas liñas.
Un pequeno truco moi sinxelo que vos será moi útil para gardar futuros fondos de pantalla ou para non ter que entrar e cargar o correo cada vez que queirades ver unha imaxe.
martes, 15 de mayo de 2012
Logo Quiz Game, onde as marcas teñen importancia
Veño presentarvos un xogo moi aditivo que consta dunha mecánica sinxela como poucos, e podedes crerme cando vos digo que é aditivo porque fai unha hora que tiña intención de escribir esta entrada e en fin, xa volo podedes imaxinar.
A idea de Logo Quiz Game non é outra que adiviñar o nome das diferentes marcas que vos van aparecendo en cada nivel sumando máis puntos canto máis rápida e axustada sexa a nosa resposta. Segundo vaiades identificando os nomes dos logos o xogo vos irá dando posibles pistas que poderedes trocar cos logos que máis se vos resistan. Logo Quiz Game está estruturado para ir superando niveles, onde os máis básicos contan cun menor número de logos por identificar, aumentado segundo aumentan os niveles.
O xogo é moi aditivo e de partida é gratuíto e dispoñible para todos os dispositivos iOS, algo que tamén é de apreciar. Animádevos a probalo e xa me contaredes.
Engade atallos de teclado para as aplicacións en OS X
Atallos de teclado, a forma máis rápida de poder chegar a calquer programa dentro do noso Mac. Hoxe imos ver como engadir novos atallos destinados a abrir sen esforzo aplicacións.
Como case sempre que queremos modificar ou engadir algo ao noso ordenador temos que acudir a 'Preferencias del Sistema', unha vez dentro prememos sobre 'Teclado', na fila adicada a 'Hardware'.
Dentro veremos unha ventá como a que tedes sobre estas liñas, se non é o voso caso pasade á pestana que di 'Funciones rápidas de teclado'. Unha vez aquí buscades na lista da esquerda 'Aplicaciones' que debería atoparse ao final da lista. Dentro desta sección teredes unha pantalla no lado dereito que contará tan só cun atallo, premendo sobre o '+' baixo o cadro incorporaremos novos atallos.
lunes, 14 de mayo de 2012
Bright Light de Ray Ban, en busca do sol na cidade
Chega o verán e é o momento perfecto para lucir esas lentes de cristais escuros que tantos nos gustan e que por motivos climatolóxicos non podemos lucir o resto do ano. Evidentemente se vivimos na cidade atopar o sol e unha escusa para poñelas é algo máis complicado que se vivimos no campo pero aínda aí non temos porque renunciar a usalas.
Algo así debeu ser o que pensaron os estudantes da Berghs School of Communication en Suecia que decidiron crear unha aplicación que servise para buscar ese raio de sol que se nos escapa nas cidades. A aplicación aínda non está dispoñible pero contamos cun vídeo para que vos vaiades facendo unha idea.
Como vedes non lle falta de nada, busca os lugares que máis tempo están ao sol durante o día, comparte a ubicación cos amigos e sinala as rutas con máis sol para ir dun sitio a outro. Unha aplicación moi interesante que de seguro sabes apreciar aínda que non sexa para lucir lentes para o sol.
Vía: Monkeyzen
Siri sincerase cando lle preguntan polo mellor teléfono
Siri estase convertendo en toda unha fonte de inspiración para todos aqueles usuarios do iPhone 4S que poden facer uso deste axudante por voz. Se fai uns meses nos confesaba que o Xaponés ía estar en moi pouco tempo entre os seus idiomas soportados esta vez a pregunta á que sucumbe é a cal é o mellor teléfono móbil nestes momentos.
Cal foi a sorpresa cando a resposta non foi o iPhone 4S, nin tan sequera un modelo de iPhone, senón o Nokia Lumia 900 4G en color Cyan. Para entender un pouco mellor o porque desta resposta e de paso o funcionamento de Siri dicirvos que este tipo de búsquedas lonxe de estar realizadas pola propia Apple derivan nun programa chamado Worlfram Alpha, que foi o que neste caso, e seguramente debido a enorme campaña realizada por Nokia nos EUA para promocionar este modelo, deu esta resposta.
Tardará moito Apple en cambiar esta resposta? Non o sabemos, pero esperemos que antes de facer iso se preocupe por que o seu asistente por voz, aínda en versión beta, chegue a novos idiomas máis útiles para nós.
Vía: Gizmovil
Etiquetas:
Curiosidades,
iPhone 4S,
Siri,
Wolfram Alpha
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
+14.53.33.jpg)
+14.53.51.jpg)




+19.34.05.jpg)
+19.39.35.jpg)
+19.39.18.jpg)

